Belén Cueto                 


  • A miña obra móvese tanto no territorio do presencial como no de intervencións realizadas en espazos públicos cun claro carácter social e político, intentando revisar tendencias vitais para cuestionar a inercia que nos leva a repetir modelos que non nos satisfán.

    Traballo tanto a nivel individual como colectivo formando parte de experiencias creativas como o grupo de creación experimental Circo Interior Bruto 1999/05. Os meus traballos puidéronse vivir desde 1996 ata o día de hoxe en propostas como: De Fixo a Móbil, Colectores Mostra Internacional de Arte de Acción de Sevilla, Veráns Escénicos da Casa Acesa, Do it your self, Festival Internacional de Arte INTERAKCJE de Polonia, Acción! 08MAD, Bienal Internacional de Turín, Encontro Bienal de Lanzarote, Dentro Fose e A Revista Camiñada, entre outros moitos.


-->