Nacido en 1962 en Xirona, de formación autodidacta, iníciase no mundo da arte nos anos 80 coa escultura e durante os 90 establece o eixo da súa obra ao redor da performance, aínda que sen deixar nunca a escultura. O seu traballo caracterízase pola introspección do comportamento e o espiritú do ser humano. Traballa moi directamente co público buscando novos camiños de comunicación a través da linguaxe artistico. Actualmente as súas manifestacións plásticas comprenden escultura, escultura pública, instalacións, videoarte e principalmente, a performance, sendo un dos artistas que máis profundou na performance de Xirona. Entre 1986 e 2010 participou en diferentes festivais internacionais en Xirona, Barcelona, Valencia, Madrid, Francia e Londres. realizou esculturas públicas en Banyoles, Sarrià de Ter, Corea do Sur e Celrà .
As súas principais exposicións individuais son: galeria Artual (1993), salas municipais Sarrià de Ter (1998), Museu d?Art de Xirona (2001), Museu d´Història de Xirona (2003), Galeria Espais de Xirona (2004), Sala Muncipal “O tint” de Banyoles (2005), Sala Municipal Sant Nicolau de Xirona (2008), Casa de Cultura de Xirona (2008).