.S/t. 2003____
[Pontevedra]
O grupo CALLATE ZORRA formado por mulleres artistas xurde no ano 2003, motivado por unha vontade de denuncia perante o incremento da violencia de xénero. Aparece en Pontevedra cunha instalación a pequena escala que só afectou ó entorno da Alameda. Posteriormente o grupo é invitado a participar na “Marcha mundial das mulleres 2003″ en Vigo. Debido o carácter reivindicativo do evento, pasou da simple instalación a unha intervención de carácter activo e performático, logrando que a súa presencia non pasase desapercibida. Agora céntranse na producción dun traballo no que a acción ten tanto peso como o propio contido; características que están estreitamente ligadas coas bases conceptuais da problemática que abordan.