Los Lolos                 


  • (Vanesa Castro & Iñaki López)

    .S/t_________

    Somos un grupo artístico multidisciplinar formado no ano 2003. Gústanos definirnos como produtores e axitadores culturais. Producimos contidos audiovisuais e multimedia. Tamén temos varios proxectos relacionados coa música: Os Gru (grupo audio-visual), Dio3Stu (laboratorio e workshops de circuit bending) e outros relacionados coa performance como Os Lolos.

    Os Lolos son unha coral que centra a súa actividade en potenciar o divertimento e a euforia colectiva. Aprópianse de melodías e actitudes propias de eventos de masas como o deporte, a política ou a relixión e deixan de lado os clubs e as ideoloxías.

    Como Os Lolos, gañamos o festival Gente Joven (Barcelona, 2009) e participamos no FEA festival de Barcelona cunha coral de 15 persoas. Tamén realizamos unha instalación coas nosas obras e documentos audiovisuais na galería Alterarte no Campus de Ourense. Coa peza audiovisual Os Lolos MegaMix, Vanesa Castro obtén o Premio Novos Valores da Deputación de Pontevedra (2008). A peza Os Lolos 23F galego obtivo un accésit no VI Premio Auditorio de Galicia.

    + info: www.furallefalle.tk
    + info: www.myspace.com/loslolosband



-->