María Marticorena                 



  • .Ata que o meu corpo aguante_________

    Licenciada en Belas Artes e diplomada en Conservación e Restauración de Bens Culturais, en Pontevedra. Participou en talleres de performances como: “O xogo, o discurso e o corpo”, dirixido por Adriano e Fernando Guimarâes e “Performance Body: unha historia subxectiva do body art”, dirixido por Marina Abramovic. Foi bolseira da Ruta Quetzal-Argentaria e bolseira de escultura “Novos Valores” 04, Pontevedra. Participou en exposicións colectivas como a VII Xuntanza Obradoiro Internacional das Artes Plásticas “A Solaina”, a VII Bienal Internacional “Pintor Laxeiro”, de Lalín, a Kaldarte 05, de Caldas de Reis, o IV Certame de Artes Plásticas Deputación de Ourense, o IMAN 05, de Porto, a E Harlech Art Biennale 05, de Gales, no Reino Unido.


    Pontevedra, 2005.

-->