Nelo Vilar                 


  • .Artista-collidor________________

    Nelo Vilar i Herrero é doutor en Belas Artes cunha tese sobre a arte chamada “alternativa” no territorio español dos últimos quince anos, desde unha perspectiva sociolóxica crítica. É artista-collidor (‘recolector de laranxa’), o que lle permite oito meses ó ano de “vacacións”. Desde 1989 leva feito un centenar de accións por todo o territorio español e algunhas máis no estranxeiro. As súas metaperformances intentan forza-lo xa vello xénero escénico das artes plásticas. Con traballos humorísticos, bufonescos, achégase ó oficio de pallaso cartesiano ou ó contacontos conceptual. Practicou a manobra artística e a arte contextual.


    1995-2005 (duración 10 anos).
    Fotografía: Cristina Vilar.

-->