Esther Ferrer                 


  • .Inauguración da “Rue Marcel Duchamp”____________________

    Esther Ferrer é coñecida polas súas performances, que realiza individualmente ou formando parte do grupo ZAJ (disolto en 1996).A principios da década de 1960 creou, xunto co pintor José Antonio Sistiaga, o primeiro Taller de Libre Expresión, xerme de moitas outras actividades paralelas, entre elas unha escola experimental en Elorrio (Biscaia). A mediados da década de 1970, retomou a súa actividade plástica con fotografías traballadas, instalacións, cadros baseados na serie de números primos, obxectos, etc. En 1999 foi un dos dous artistas que representaron a España na Bienal de Venecia. Expuxo o seu  traballo plástico no Centro de Arte Reina Sofía, de Madrid, na Galerie Donguy, na Galerie Lara Vinci, na Galerie Satélite, de París, na Galería Trayecto, de Vitoria, na Statsgalerie, de Stuttgart (Alemaña), na galería de Koldo Mitxelena, de San Sebastián, no Centro Andaluz de Arte Contemporáneo, de Sevilla e no Museo de Arte Contemporánea de Roskilde (Musee for Samtidskunst), en Dinamarca.Na súa longa carreira como artista de performances, realizounas en numerosos festivais tanto en España coma no estranxeiro (Alemaña, Italia, Suíza, Bélxica, Francia, Dinamarca, Noruega, Inglaterra, Holanda, Polonia, Eslovaquia, República Checa, Hungría, Inglaterra, Estados Unidos, Canadá, México, Cuba, Tailandia, Xapón, Corea, etc. Leva dado numerosos cursos en universidades e escolas de Belas Artes en España, Canadá, Francia e Italia.
    Obras radiofónicas: Al ritmo del tiempo e TA TE TI TO TU o la agricultura en la Edad Media.


    París (Francia), 1995.
    Fotografía: André Szafran.

-->