.Reconstrución (III) ____________
Técnico de telecomunicacións, músico, performer e comisario independente.Traballa desde 1983 con sintetizadores electrónicos e desde 1991 en música xerada por ordenador. En 1993 iniciou o seu traballo nos terreos da poesía visual e a instalación, xunto con María Cosmes, baixo o nome de Colectivo Stidna! Traballa dentro do mundo da performance individual e colectiva desde 1998. Ten participado en diferentes festivais de performance nacionais e internacionais. Dedícase á xestión cultural independente desde 1997 e participou na organización de diferentes acontecementos culturais en Barcelona e no estranxeiro.
Fundación Espais, Xirona, Marzo de 2005.
Fotografía: Oscar Pina.