.Martes / 15 / Novembro__________
11:00 – Presentación das Xornadas a cargo dun representante da Universidade de Vigo e Carlos Tejo. Lugar: Salón de actos
11:30 – Conferencia a cargo de Nieves Correa. Conferencia-obradoiro. “Quero presentar o meu traballo, mediante exemplos concretos, partindo da análise dos tres elementos formais sobre os que se constrúe a arte de acción: tempo, espacio e presencia” Nieves Correa. Lugar: Salón de actos.
13:30 – Coloquio con Nieves Correa.
17:30 – Conferencia a cargo de Carlos Pina. eBent, abriendo puertas. Nesta conferencia proponse unha análise da evolución de eBent, a partires das tres últimas edicións; momento no que o festival adquire unha particular orientación. Lugar: Salón de actos
18:30 – Coloquio con Carlos Pina.
19:00 – Acción a cargo de Esther Ferrer. Lugar: Sala de exposicións.
20:00 – Acción a cargo de Rubén Barroso. Título: Pop [Pocket Opera Performance]. Duración: 25 minutos, aproximadamente. Lugar: Sala de exposicións.
20:30 – Acción a cargo de Nieves Correa. Título: Interferencias. Duración: 40 minutos, aproximadamente. Lugar: Sala de exposicións.
21:30 – Acción a cargo de María Marticorena. Título: Ata que o meu corpo aguante.Duración: 7 minutos, aproximadamente. Lugar: Sala de exposicións.
.Mércores / 16 / Novembro__________
11:00 – Conferencia a cargo de Nelo Vilar. Quince anos de arte de acción “alternativo” no estado español. “Durante os últimos quince anos a arte de acción foi florecendo ó calor das estacións (lectivas), pero o mesmo tempo desde unha actitude “alternativa” que en xeral mantívose fora ou contra a institución arte, organizando encontros colectivos e construíndo redes nacionais e internacionais. Esta singular posición crítica é un fito na arte actual que será analizado desde un punto de vista histórico e sociolóxico, atendendo á evolución do seu discurso “alternativo” e da súa deriva formal –é dicir, do aspecto ético-estético” Nelo Vilar. Lugar: Salón de actos.
12:00 – Coloquio con Nelo Vilar
12:30 – video-proxección. Titulo: A Acción. Realización: Juan de Dios Casquero
Producción: Ana Roca. Publicación: Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía. Año: 1994. Duración: 42 minutos. Lugar: Salón de actos.
15:30 – Conferencia a cargo de Rubén Barroso. Volcando archivos en un contenedor: Arte de Acción en Andalucía. “Presentación, análise e descrición de Contenedores, Festival de Arte de Acción de Sevilla e análise da acción no Sur (artistas, movementos, festivais e particularidades da performance andaluza), relacións coa actividade performática a nivel nacional e internacional, desde o meu traballo como comisario e investigador. Conclusións do traballo documental sobre a performance no Sur “Archivos sobre performance”. Rubén Barroso. Lugar: Salón de actos
18:30 – Coloquio con Rubén Barroso.
19:00 – Acción a cargo de Carlos Pina. Título: La cruz. Duración: 40 minutos, aproximadamente. Lugar: Sala de exposicións.
20:00 – Acción a cargo de Félix Fernández. Título: Ensaio nº 2: sobre a perfección. Duración: 15 minutos, aproximadamente. Lugar: Sala de exposicións
20:30 – Acción a cargo de Nelo Vilar. Cabeza de artista. Duración: 20 minutos, aproximadamente. Lugar: Sala de exposicións.
21:00 – Acción a cargo de Nezaket Eciki. Título: Hullabely. Duración: 20 minutos, aproximadamente. Lugar: Sala de exposicións.