Juan Hidalgo                 


  • .Juan Hidalgo en un desconcerto ___________

    .22 MIN._-

    Naceu nas Palmas de Gran Canaria en 1927. A súa primeira formación foi musical, pero a súa interpretación aberta do feito creativo convérteo nun artista multimedia que se move libremente polo mundo da música, a poesía e a plástica, a través dos seuslibros, escritos, composicións musicais, arte postal, accións e performance, arte obxectual, accións fotográficas, etc. A versatilidadedos soportes testemuña a primacía do conceptual nunha
    poética que se desprega con humor, sexo, ironía e desmitificación. Para Juan Hidalgo os xéneros artísticos son permeables, a actitude ante o feito creativo é o que define. Ao primar o conceptual calquera soporte é válido. É un creador manierista.

    O seu traballo foi recoñecido con distincións como o Premio Canarias 1987 de Belas Artes e Interpretación, a Medalla de Ouro ao mérito nas Belas Artes do Ministerio de Cultura de 1989 ou a Medalla de Ouro do Círculo de Belas Artes de Madrid en 2001. Así como en grandes exposicións, destaca a retrospectiva ZAJ do Museo Reina Sofía de Madrid en 1996, a antolóxica De Juan Hidalgode 1997 no CAAM das Palmas e en La Recova de Santa Cruz de Tenerife e a retrospectiva En medio del volcánque viaxa por México e Perú ao longo do 2004.


-->