Rosa Galindo                 


  • .“A través da formaa”. Performa ___________

    .22 MIN._-

    Performer de sona internacional. Cantante e poetisa. Pedagoga en diferentes centros de ensino en Madrid e Tenerife. Estudou técnicas de movemento-danza, vogais, ortofonía e canto con profesores e profesionais da voz: Jesús Alardeen, Vicente Encabo, Joan Ferrer, Vicente Fuentes. Desenvolveu a súa creación en distintas áreas: performance art, poesía, videocreación, concertos e espectáculos multimedia. Entre outros lugares, impartiu cursos e seminarios na Escola de Arte Dramática de Madrid, no Centro de Arte Reina Sofía, TAI, Espacio “P”, Progetto Vicitella D’Agliano (Vitervo, Italia). En Tenerife desenvolveu o seu labor docente no Teatro Guimerá, no Centro Viera y Calavijo e na Escuela Insular de Teatro. Entre os moitos espazos que acolleron o seu traballo como performergustaríanos salientar: Seminario de Arte Experimental de NorrKopin (Suecia, 1984), Aalborg Festival (Dinamarca, 1984), Centro de Nuevas Tendencias Artísticas (Madrid, 1998), Centro de Arte Reina Sofía (La Acción, 1995) ou Centro Cultural Conde Duque, Sala Juan de Villanueva (Madrid, 2006).


-->