.Cabeza proxectora ___________
.18 MIN._-
Artista de acción en activo desde 1993. Desde entón realizou accións en vilas, cidades, capitais, rúas, prazas, barrios, bares, teatros, pazos de congresos, salas, galerías e museos nacionais e internacionais. Detesta contar a súa vida e redactar currícula. Gústalle e practica a arte postal, (mail art), a poesía visual e fonética e a música ruidista. Desexa facer constar o seguinte: “Deamos o coñecido por pasado”. “As miñas accións responden ao meu entendemento da arte como unha actitude ante/na vida. Non obstante, hai algún tempo comprendín que a arte a fan os outros. Desde entón, nas miñas accións, limítome a proporcionar a oportunidade para a arte se producir. Para aconteceren vivencias poéticas, é dicir, vivencias de experiencia intensificada”.