.Le lien est rouge___________
.5 min._____-
María Cosmes [Barcelona]. Performer, artista visual e antropóloga.
“No seu traballo xoga con todo aquilo que ten ao seu alcance: un instante, un espazo, un material, un símbolo, unha idea, un sentimento; iso non quere dicir que sempre estea a falar do mesmo, senón que todo iso lle serve para crear un universo de evocacións, en oposición a unha concepción pechada e unívoca da arte. Todas as súas accións son aspectos diferentes dela mesma como artista, pero sobre todo como persoa. Porque do que en realidade se trata sempre na súa obra é da relación, da relación interpersoal, dos vínculos, os lazos. Estes lazos pódense establecer de múltiples formas, o que dá coherencia e continuidade a toda a súa obra “. Carlos Pina, artista e comisario independente.