.Entregas_______________
.16 MIN.___
Ana Gil Rodríguez nace en Ourense no 1973 e aos dezaoito anos decide trasladarse a Santiago de Compostela para estudar Filoloxía Hispánica. Obtén a licenciatura en 1997 e especialízase en García Lorca e na vangarda artística do século vinte en Madrid. Paralelamente cursou estudos de Danza e Teatro Contemporáneo na escola Espacio Aberto de Compostela, colaborando como axudante de espectáculos na Sala Galán baixo a dirección do
grupo Matarile Teatro. O seu traballo artístico centrouse en instalacións, fotografía e actualmente, intervencións en espazos abandonados e arte de acción. Baixo o referente do corpo, e como extensión, o envoltorio do corpo, nos seus traballos alude á pegada e a persistencia da memoria como residuo latente.