Álvaro Terrones – Santiago López                 


  • .Partido Español Inservible_______________

    Álvaro Terrones (Castelló de la Plana, 1980) desenvolve e conclúe estudos de artes gráficas aplicadas ao libro en Castelló de la Plana. Posteriormente coincide con Santiago López, Chema Soler, Bartolomé Ferrando, Silvia Antolín e Facundo Tomás na Facultade de Belas Artes de Valencia no ano 2007. Desde entón practica a arte de acción. Actualmente desenvolve o seu proxecto Kunst zum mitnemen en Halle (Alemaña). Tamén desenvolve a súa actividade xunto a Santiago López e ambos os dous están considerados no panorama artístico contemporáneo como artistas deterxentes e novas framboesas. + info: www.alvaroterrones.com

    Santiago López (Port de Sagunt, Valencia, 1987) desenvolve e conclúe estudos de música no Port de Sagunt. Posteriormente coincide con Álvaro Terrones, Chema Soler, Bartolomé Ferrando, Silvia Antolín e Facundo Tomás na Facultade de Belas Artes de Valencia no ano 2007. Desde entón practica a arte de acción. Actualmente desenvolve o seu proxecto Homenaje al maestro Rodrigo en Katowice (Polonia). Tamén desenvolve a súa actividade xunto a Álvaro Terrones e ambos os dous están considerados no panorama artístico contemporáneo como artistas deterxentes e novas framboesas. +info: www.proyectopei.blogspot.com

-->