Lucía García Rey – Christian García Bello                 


  • .Homenaxe a reprodución________________

    Lucía García Rey. A Coruña, 1987.

    Cursa estudos na Facultade de Belas Artes da Universidade de
    Vigo e de Deseño Téxtil en Esdemga (Escola de Estudos Superiores en Deseño Téxtil e Moda de Galicia). Entre as súas exposicións individuais destaca Cap.1, algo que no vale nada (Sala Sargadelos, Santiago de Compostela, 2009). O seu traballo puido verse tamén en exposicións colectivas como 4cuartos=14  (Sala Sargadelos, Pontevedra, 2009); Not typical Spanish. Loesje Imagination (Berlín, Alemaña, 2009); Decoración Urbana. Jornada de Arte en Espacios Públicos do Concello de Pontevedra (Pontevedra, 2009); Un puñado de apuntes (Sala Sargadelos, Pontevedra, 2008).

    Christian García Bello. A Coruña, 1986.

    É artista e licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo en 2009. Entre as súas exposicións destacan varias colectivas en cidades como A Habana, Santiago de Compostela, A Coruña, Pontevedra, Balmaseda ou Ourense e unha individual na galería 9the13 da súa cidade natal. Tamén recibiu premios e foi seleccionado en certames como os organizados polo Auditorio de Galicia, a Deputación de Ourense ou a Fundación María José Jove.


-->