.Santia Fister______________
.19 MIN. ____
.Sol Alonso________________
|
Descargar texto crítico |
Nela Que (Nela Quesada, Lugo, 1979) e Sr. Pause (Roi Fernández, A Coruña, 1979) traballan xuntos dende o ano 2003, e forman parte do colectivo Ludd, dedicados sobre todo ao eido da creación multimedia e á performance. Son membros da compañía de ópera contemporánea A Última Rata, coa que traballan no campo da videocreación e da escenografía, entre outras áreas. Son membros cofundadores da comunidade e da asociación cultural sen ánimo de lucro Alg-a.org, coa que desenvolven multitude de proxectos, tanto de carácter común como individual (proxecto audiovisual Balor, Simposio Internacional de Artes Transdisciplinares “Fronteiras07″, Videolabel alg-a, o documental Topografías do abandonoetc.).
A súa primeira experiencia conxunta de acción foi a realizada en Edimburgo (Escocia), dentro do marco do Festival Internacional de Teatro, coa peza de teatro PerformanceCensus ou O soño do enumerador, (Nela Que como F. S. e Sr. Pause como enumerador); traballo que manteñen en constante proceso e que foi representado posteriormente na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (Ourense), no Marco de Vigo, e na Sala Nasa (Compostela), entre outros.
Xa co nome de Periférica Enérxica, presentaron a obra Santia Fister na Fundación Seoane da Coruña e na Fundación Eugenio Granell de Santiago de Compostela, dentro das Xornadas de Novas Linguaxes Poéticas Translíttera; así como a performanceinteractiva-audiovisual Monos, na ponte do Burgo de Pontevedra.
Na actualidade traballan en novas propostas na arte de acción, tanto individual como en parella.