María Castellanos – Ivan Rodríguez                 


  • .Conspiración contra el silencio______________
    .12 MIN. ____


    .Fernando Suárez________________

    Descargar texto crítico

    Actualmente María Castellanos é estudante da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. Iván Rodríguez, sen formación artística pero cuns grandes coñecementos técnicos en novas tecnoloxías e formación autodidacta no mundo da arte, comeza a interesarse polo mundo da acción xunto con María.

    Cunha suma de intereses comúns e preocupacións polo actual estado da sociedade de consumo, xuntan os seus intereses artísticos e coñecementos para levaren a cabo o proxecto titulado Conspiración contra o silencio, en que se intenta poñer de manifesto a impasibilidade e a submisión dunha sociedade en que uns por outros comemos o que nos boten, sen darmos unha resposta ou unha reacción cando non estamos conformes, porque “deixar pasar” é mais cómodo. Este proxecto é o resultado do traballo en común en anteriores instalacións e vídeo-performances.




-->