.Menú do día______________
.28 MIN. ____
.Carlos Tejo________________
|
Descargar texto crítico |
Gran Canaria en 1941.
Artista intermedia. Cursa a carreira de piano no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid e a Licenciatura en Ciencias Políticas na Universidad de Madrid.
Realiza obras individuais diversas, de forma continuada, dende 1973 ata o momento actual, en España, Alemaña, Austria, Francia, Italia, Dinamarca, Suecia, Finlandia, Estados Unidos etc.
Dende 1976 centra o seu traballo no desenvolvemento do concepto de “instalación”, como obra in situ, en espazos concretos de grande envergadura, moitos, obras con caracter intermedia. Amplía dende comezos da década de 1980 a súa actividade á performancee, dende principios da década de 1990, a concertos intermedia e á creación de obras de arte radiofónica. Nesta liña, realizou obras de arte radiofónica para emisoras como RAI, ORF, Radio France, YLE, ABC de Australia, RNE e WDR de Colonia.
Entre as súas actividades individuais, cabe destacar 60 instalacións de gran formato (moitas delas instalacións intermedia en que se inclúen o vídeo e o son entre outros medios), 23 exposicións, numerosas accións e 49 performances, das cales 21 co compositor e artista intermedia José Iges, con quen tamén traballa en diversos proxectos dende 1989. Tamén con este artista realizou obras para internet, 25 concertos intermedia e 28 instalacións intermedia sonoras e visuais. A partir de 1998 a interactividade desenvolvida a través de sensores ocupa un lugar esencial nas obras con Iges.