María A.A.                 

  • .As pezas da miña historia______________
    .33 MIN. ____


    .Mar Caldas________________

    Descargar texto crítico

    María A. A. naceu en Sevilla en 1968. Curiosa, observadora, analítica, crítica e moi emocional, cursou formación regulada (é licenciada en escultura) e paralela dende os once anos (danza, piano, electricidade etc.). Actualmente traballa nun estudo sobre a arte de acción no territorio español, realiza video-accións e vive unha intensa experiencia eco-rural.

    Inicia o seu traballo como performeren 1999 como unha extensión da súa forma de ser, para poder realizar reflexións co corpo e expandilas mediante a interacción física e oral.
    Realizou obras en Andalucía e Cataluña: Muda de artista,en Sevilla, en maio do 2000; O corpo do desexo,no Festival Internacional de PerformanceeBent´01 de Barcelona; Vestido de besos,dentro da Mostra Internacional de Arte de Acción de Sevilla, Contenedores 04; Piel de artista, no Antic Teatre de Barcelona, en 2005 e La huella que dejaste en mí, no Festival Contenedores e eBent de 2006, entre outras.
    O traballo de María A. A. encádrase dentro das accións de tipo presentativo e vivencial. Nestas destaca o seu aspecto plástico, lírico e lúdico, tras o cal asoman a ironía e a militancia desacralizadora da institución Arte. Desenvolve dúas tipoloxías: enmarcada baixo o xénero do body-arte a de natureza eminentemente oral, que é coa que participa nas IV Xornadas Chámalle X.











-->