.A Cultura______________
.48 MIN. ____
.Alberto Samaniego________________
|
Descargar texto crítico |
Os Torreznos son un dúo de exploración conceptual no terreo social, político e dos costumes máis arraigados. O seu punto de partida é a realidade máis directa, incluída a familiar.
A elección do nome nace da necesidade de achegar ao público en xeral propostas experimentais. Fai referencia a un alimento que se toma como aperitivo cunhas cervexas ou viños (é dicir algo agradable e en certa medida intranscendente) pero que deixa un forte sabor na garganta e no estómago
Os Torreznos, como talles, creáronse no ano 2000. J. Vallaure e R. Lamata levan traballando xuntos desde 1993 en diferentes proxectos de creación tanto propia, como de xeración de espazos e grupos, como foron a Zona de Acción Temporal e o Circo Interior Bruto.
Os traballos presenciais que desenvolveron ata agora son os seguintes:
“Enerxía Española Normal”, “A noite electoral”, “A Paixón segúan os Torreznos”, “35 minutos”, “As miñas maletas, onde están as miñas maletas?”, “De Perexil a Diwanija”, “Confiando en Shakespeare” (En colaboración cos Superagradecidos.), “Investigacións lingüísticas”, “Tratado sobre algunhas emocións”, “A realidade oficial” e “A cultura”.
Presentados en diversos festivais e espazos que acollen traballos de performance.
Na última Bienal de Venecia presentaron catro vídeo instalacións (“35 minutos”, “A noite electoral”, “Política interior” e “Política exterior”) e unha peza de son (“o reloxo”), que se pode oir na súa páxina web www.lostorreznos.es