.Don´t hurt me____________
Utiliza obxectos procedentes da vida cotiá para crear unha imaxe viva (acierte Bilder). A través desta estratexia, o autor intenta reflectir unha sociedade chea de contradicións, sentimentalidade, estupidez, creatividade e cooperación.
Atopando ideas e suxestións desde a banalidade da vida cotiá, Deimling transforma tópicos como a paciencia, a guerra ou a relixión e convérteos en imaxes físicas e poéticas. A cabeza do artista é, a miúdo, o centro do seu traballo, entendido este como unha parte integral dunha escultura viva ou un material máis da súa práctica performativa.
Desde 1988 BBB Johannes Deimling traballou nos campos da performance, videoarte, instalación, debuxo e música. O seu traballo foi presentado en eventos e festivais de Europa, Israel, Canadá, América do Sur e Cuba. Entre eles destacan ICA, Londres, Kunsthalle Düsseldorf, Stadtgalerie Bern, Art Frankfurt Center for Contemporary Art, Tel Aviv, Cornerhouse Gallery, Manchester ou Neuer Berliner Kunstverein. Dentro dos importantes festivais de performance onde mostrou o seu traballo quere sinalar Interakcje, Poland, 7a11d, Canada, Performance Art Conference etc. Desde 1998 Deimling desenvolve un labor como docente da performance en prestixiosas institucións como F+F (Suíza), Academy of Arts (Tallín, Estonia) e The Akademi for Szene Kunst (Fredrikstad, Noruega). No ano 2000 Johannes crea o PAS-Performance Art Studies, un proxecto de taller internacional realizado en Canadá, Alemaña, Israel, Francia e República Checa.
+ info: www.bbbjohannesdeimling.de