.ATHOR-mentada xirando en DO-mador______________
.17 MIN. ____
.Ana Soler_______________
|
Descargar texto crítico |
Formada como Técnica Superior en Artes aplicadas á Escultura na Escola de Artes e Deseño de Valencia. Completa a súa formación con diferentes talleres realizados entre o ano 2001 e 2006. De entre todos eles destaca: Taller de performance: (impartido por Guillermo Gómez Peña e Violeta Lúa, México-Los Angeles). Oaxaca-México, 2006; participación dentro da materia de Performanceimpartida por Bartolomé Ferrando na Universidade de Belas Artes de Valencia durante os cursos 2005/2006 e 2006/2007 ou o Taller de performance: impartido por Juan Hidalgo no Espazo C. Camargo, Cantabria (2004).
Ademais de realizar exposicións colectivas dentro de España, desenvolve unha interesante traxectoria como artista de acción; e destaca pola súa importancia: Tres portazos y un descansillo. Noche de acciones poéticas. Espacio C. Camargo. Cantabria. El vestido de Ariadna. Encontro de performancehispano-portugués. Plaça do Rossio. Lisboa. Violeta violada. La Sala Naranja. Espacio Carmen. Valencia. La Mujer-Pájaro. Vía-Lab. La Sala Naranja. Badajoz.
Encontro entre teatro e performance(en colaboración con Guillermo Gómez-Pena e La Pocha Nostra). Ex Teresa, México DF. Post México en Ex-paña (en colaboración con Guillermo Gómez-Peña e La Pocha Nostra). Sala Versátil, Madrid.