Rita Rodríguez                 



  • .Performance_______

    A Coruña, 1981.

    É licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo nas especialidades de Escultura, Deseño e Audiovisuais e posúe o Diploma de Estudos Avanzados (DEA) en Escultura. En 2006 comeza a traballar coa Galería DF de Santiago e obtén a bolsa Novos Valores da Deputación de Pontevedra. Ese mesmo ano realiza unha importante exposición individual no espazo anexo do Marco de Vigo: De dentro de.

    Algunhas das súas mostras máis recentes e con maior repercusión foron Artistas galegos dos 70 ata hoxe (Museo Provincial de Lugo, Lugo); Marxes e mapas (Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela); a exposición individual STAND BY ME (Zona C, Santiago de Compostela); A creación ao redor do mar, (Parexco, A Coruña); Mapas creativos —novos nomes na arte galega— (Galería Orígenes, A Habana, Cuba); Latexosinversos (Forum Cultural de Vilanova da Cerveira, Portugal); Lancôme con grelos (exposición colectiva no Centro de Arte Joven de la Comunidad de Madrid); Diferentes (Museum Kloster Asbach, Alemaña) ou AP9-A3 (Maus Hábitos, O Porto).

    Tamén realizou performances específicas como a que ofreceu en Arte no Parque, Centro Galego de Arte Contemporánea —CGAC— (Santiago de Compostela); en Transit Station, Ocean Terminal (Edimburgo) ou a recentemente presentada nas Xornadas de Arte de Acción Chámalle X 2009, promovidas polo Marco e a Universidade de Vigo. A súa obra tamén estivo presente na feira internacional Preview Berlin en 2008.

-->