.Sobre a espada manda o corazón_____________
VELVET & CROCHET (Rafael Suárez e François Winberg)
Comezan a traballar xuntos a partir do ano 2000 dentro do grupo de arte experimental Circo Interior Bruto. Constitúen, ese ano, un novo proxecto de colaboración baixo o formato Velvet & Crochet. Os seus traballos desenvólvense dentro de diferentes ámbitos; traballos escénicos ou plásticos, utilizando habitualmente fotografías, instalacións ou intervencións específicas. En ocasións colaboran con outras persoas que as vinculan aos traballos de xeito concreto; entenden o proxecto dunha forma aberta e transdisciplinaria. Os traballos que acometeron ata a data son:
2008: Sobre la espada manda el corazón. Debate sobre la vida y la muerte y otros asuntos de mayor incumbencia. 2007: O arreglamos el mundo…, traballo en formato video de 25 min. de duración, presentado por Bellascopio na galería Ze dos Bois de Lisboa. 2007: vídeo-instalación presentada en Influxus no Museo Vostell Malpartida.
2006: Seis cartas al rey, proxecto: artistas sen residencia, traballo de seis meses de duración no teatro Pradillo de Madrid. 2005: edición e presentación do libro Érase una vez un final feliz, Madrid. 2005: Naranjas amargas, naranjas selectas. De como transcender a amargura, acción dunha hora de duración e instalación na Sala de Star, Sevilla. 2003: En la cuerda floja, acción continua na rúa Preciados, porta de FNAC, Madrid, 2003: Festival Escena Contemporánea. 2002: Naranjas selectas, acción de trinta minutos e instalación, espazo da Galería Dasto en Madrid. 2001: Vinateros sin fronteras, acción en campamento da Esperanza, Dintel, Madrid.