Pepe Murciego                 



  • .En resumidas contas_________

    Coca, Segovia, 1967. Licenciado en Belas Artes pola Universidad Complutense de Madrid. Codirector, xunto a Diego Ortiz, do proxecto de acción e experimentación editorial La más bella que, entre outros proxectos, edita a revista experimental do mesmo nome, e mantén en circulación as máquinas expendedoras de produtos artísticos: Bellamátic, Bellascopio e Bolabellamátic.

    Artista multidisciplinar, nos últimos anos dedica o seu traballo artístico persoal principalmente á arte de acción, ben en solitario, ben formando dúo coa artista asturiana Roxana Popelka. Nas súas accións están presentes: o tempo, a memoria e o cotián.

    Presentou accións en cidades como: Madrid, Barcelona, Sevilla, Bilbao, León, Murcia, Burgos, Palma de Mallorca, Las Palmas de Gran Canaria, Almería, Helsinki (Finlandia), Lisboa (Portugal), Beijing (China), Santiago de Chile (Chile), Vilanova de Cerveira (Portugal), Les Escaules (Girona), Coslada (Madrid), Punta Umbría (Huelva), Morille (Salamanca), Malpartida (Cáceres), Barakaldo (Bizcaia), Peñarroya-Pueblonuevo (Córdoba), San Martín de Ozcos (Asturias), Mérida (Badajoz) etc.

    Dedica parte do seu labor artístico á organización de eventos, relacionados coa arte pública e a arte experimental, como: Ardearganda (Arganda), Coslart (Coslada), Mad.03 (Madrid), +Arte (Madrid), entreFotos (Madrid), Arte.06 (Rivas Vaciamadrid), De fijo a móvil (Madrid) etc.

-->