José Iges                 


  • .Colección de abismos____________

    Madrid, 1951. Os eixes fundamentais do seu traballo creativo son a interacción de instrumentos convencionais con sons gravados e/ou electrónica en vivo, o traballo coa voz con criterios discursivos e fonéticos, o emprego das nocións «instalación» e «arte intermedia» tanto en traballos en/para espazos concretos como en obras en/para os medios electrónicos e, consecuentemente co anterior, o seu particular emprego do escénico e da linguaxe radiofónica. Prodigouse, pois, tanto no terreo da arte radiofónica como no das obras escénicas ou para solistas e cinta e/ou electrónica en vivo, así como na creación de instalacións sonoras e visuais, performances e concertos intermedia, ámbitos estes últimos en que veu colaborando dende 1989 coa artista Concha Jerez.

    Dirixe desde 1985 en RNE Radio Clásica o programa Ars Sonora. Foi presidente da AMEE (Asociación de Música Electroacústica de España) e coordinador do grupo Ars Acústica da UER (Unión Europea de Radiodifusión) Entre 1999 e 2007 foi comisario de catro exposicións dedicadas á arte sonora e á instalación sonora.


-->