.Blackout______
Lisboa, 1970. Estudou Antropoloxía, técnicas do corpo e performance, improvisación e composición coreográfica en Lisboa e Nova York grazas a unha bolsa do Ministerio de Cultura.
Colaborou entre 1991 e 1996 como actor, performer e dramaturgo coa compañía de teatro experimental Olho e o grupo de performance/instalación Canibalismo Cósmico. Foi intérprete de danza contemporánea e cocreador en traballos de Francisco Camacho (1997 e 1998) e Beira Mantero (2001 e 2002). En 1998 foi invitado para o proxecto de improvisación Crashlanding@Lisboa concibido por Meg Stuart, Christine De Smedt e David Hernández. No ano 2000 traballou como coreógrafo e intérprete de 18 MINUTOS. En 2004/2005 creou o dúo ZONAS DE RUIDOSA INFLUÊNCIA, un traballo centrado na manipulación coreográfica e sonora dun obxecto de ximnasia usado para adestrar a masa muscular do corpo humano. O obxecto aquí é un mecanismo para pensar problemas que atinxen ao uso e á construción do espazo, o tempo, a forma, a presenza, a luz e a sombra. En 2007 creou EL LABERINTO, LA MUERTE Y EL PÚBLICO, unha reflexión estética e performativa sobre a ortalidade.bEn novembro de 2007 concibiu a performance sonora BLACKOUT a partir dun fragmento da peza EL LABERINTO, LA MUERTE Y EL PÚBLICO, performance para a cal colaborou con músicos que procesan electronicamente o son en tempo real. O seu traballo como intérprete e creador foi presentado en Portugal, España, Francia, Italia, Bélxica, Austria e México. Actualmente cursa estudos de mestrado en Antropoloxía Visual. Así mesmo, está a escribir o guión e a dramaturxia da súa nova creación que se estreará a finais de 2009.