Zaida Gómez & Julio Fernández                 



  • .Faite público__________

    Zaida Gómez, profesora do Departamento de Movemento e Danza na ESDG de Vigo. Creadora escénica e performer. Colaborou co Col·lectiu d’art de acció de Valencia. Julio Fernández Peláez, poeta, axitador artístico. A súa primeira acción data de 1989 nas vías mortas de Sonnenalle (Berlín). É autor das novelas: La risa del conejo, La losa baila el agua e K-mandra. Desde 1999 (“Interior suspendido en exterior” en Reclama la calle,
    Madrid) traballan xuntos na construción de poéticas de fronteira entre linguaxes plásticas de diferente índole. As súas propostas,con frecuencia cargadas de ironía, xiran arredor da autoxestión, o invisible e a emocionalidade. Último traballo: Tan preto e tan estraños, Festival ALT Vigo 09. Na actualidade, coordinan o proxecto Poéticas para unha vida, Museo Verbum, Vigo, primavera de 2009.

-->