María Marticorena                 

  •  

    Desde hai dez anos traballo coa arte de acción converténdose esta disciplina no eixo da miña traxectoria artística. Elexin a performance porque é un medio de expresión vivo que me completa, compromete e involucra cento por cento a miña obra co espectador.

    Cada performance é unha fase da miña vida desvelada como arte de acción. É o traballo físico, mental e espiritual no meu debate coa obra. Onde o meu corpo sente, o espazo conquístase e o tempo, na calma, domínase.

    As miñas constantes: Beleza e Sutileza, Traballo e Emoción, Son e Movemento, Mensaxe, Forza, Repetición.

     

     

-->