Montserrat Palacios e Llorenç Barber b                 

  •  

    .Montserrat Palacios_____________

    Etnomusicóloga, semióloga musical e cantante. Especializouse no estudo das músicas vocais de tradición oral, e escribiu os libros Una mirada a la boca del son. Memoria histórica e identidade sonora de Quito, Ecuador, a través de sus campanas e De lo dicho el silencio o la certeza y el desliz. La canción cardenche, un estudo sobre as heterofonías vocais do norte de México. É coautora da obra radiofónica De campanas y badajos o sobre el amor, encargo da Saarländischer Rundfunk, e tamén compositora da obra escénico-vocal Coser y cantar, un dúo para máquina de coser singer e voz (two singers).

     

    .Llorenç Barber_____________

    Transita desde as moi vangardistas proposicións fillas do futurismo ruso, ou o disoluto Dada-Cage-Fluxus, ao festivo urdir (oír é urdir); celebracións sónicas mediante distancias, campás e bandas (concertos de cidade), «de sol a sol» (berros, harmónicos e auroras), naumaquias, concertos dos sentidos, músicas voantes, músicas de balcón ou escritos e reflexións desde onde pontifica que o mundo é a nosa orquestra e a vida é a nosa singular, ás veces intensa, parti(tor)tura.

     

     

     

-->