Girona 1972
Ao finalizar a súa segunda residencia artística en L´Estruch de Sabadell buscou músicos para que se embarcasen na interpretación das súas partituras e investigacións musicais. Como consecuencia, durante o inverno de 2012, creou a banda La Hieràtica, que tivo como resultado un disco titulado Tomorrow never comes. En música é La Hieràtica, coa colaboración de Rod Cantlay e Quim Dachs, músicos profesionais. Neste momento está a colaborar musicalmente e en escenografía con Chistina Schultz no formato loop.
Da súa formación en seminarios e talleres destaca: Habemus Corpus, impartido por filósofos como Mariña Garcés ou Pau Alzina e realizado na fábrica de creación das artes L´Estruch; La isla del copyright, impartido por Federico Guzmán ou QUAM con Roc Parés no taller Galería Virtual no castelo de Montesquiu, entre outros.
Do seu traballo como artista de acción cómpre subliñar a súa participación na 6.ª edición de La Muga Caula, dirixido por Joan Casellas, con dúas accións: Disparo vengativo incorrecto e Cerrar los ojos y dormir. Desde 2006 participa no Festival Internacional de Performance eBent con accións como Actitud de defensa, (por) ofuscación. En 2006 participou dun comisariado de Marta Pol Rigau, e presentou accións na sala Espais de Girona. Vic-H-Acció, conxuntamente con Esther Xargai e Carles H. Mor, presentando pezas como (no) desviación, vida (de color de rosa). Dentro do ciclo Polifonies, comisariado por Assumpta Bassas, presentou unha instalación e performances en La Capella, en Barcelona. Tamén colaborou con Allan Caprow no Centre de Cultura Contemporània de Barcelona (CCCB).