Andrés Galeano b                 

  •  

    Andrés Galeano naceu en Mataró (Barcelona) en 1980. Licenciuse en Filosofía na Universitat de Barcelona, en Fotografía na FFS Stuttgart e en Escultura/Arte Libre na KHB Berlin.

    A súa obra é interdisciplinar e abarca medios como o debuxo, a fotografía, o vídeo, a instalación e a performance. Participou en numerosos festivais e exposicións en Europa e Canadá.

    Actualmente vive en Berlín, onde destaca como unha das figuras máis activas dentro da escena da arte de acción, xa sexa como artista ou como polo seu labor como comisario e organizador de proxectos como Extension Series no Grimmuseum (www.grimmuseum.com), ¡POESÍACCIÓN! no Instituto Cervantes e The Month of Performance Art Berlin (www.mpa-b.org).

     

-->