.Bartolomé Ferrando_____________
València (1951). Profesor titular de performance e arte intermedia na Universitat Politècnica de València. Coordinou a revista de poesía experimental Texto Poético. Como performer participou en diversos festivais e encontros de performance e poesía de acción celebrados en Europa, Israel, Canadá, México, EUA, Xapón, Corea, Vietnam, Singapur, China, Arxentina, Venezuela, República Dominicana e Chile. Expón a súa poesía visual, poesía obxecto e instalacións poéticas en España, Italia e Francia. Tamén foi coordinador de diversos festivais internacionais de performance no Institut Valencià d’Art Modern (IVAM), no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (MNCARS) e no Espai d’Art Contemporani de Castelló (EACC).
Formou parte dos grupos Flatus Vocis Trio, Taller de Música Mundana y Rojo, e agora de SIC e de 3 i no res, dedicados ao desenvolvemento de prácticas creativas situadas a medio camiño entre a música, a poesía e a arte de acción.
Ademais de Texto Poético, publica os libros de poesía Trazos, Propuestas poéticas, Jocs,Latidos, Valencia, En la frontera de la voz,Nudos de viento,Soledad magnética;e os ensaios Hacia una poesía del hacer, El arte intermedia, La mirada móvil, El arte de la performance, elementos de creación. Publica tamén diversas gravacións en MC, LP e CD e varios vídeos e DVD de performance.
.Avelino Saavedra_____________
Artista multidisciplinar de orixe galega que actualmente reside en València. Desde o ano 2000 practica a arte de acción, participando en bo número de encontros e festivais ao longo do Estado español, entre os que cabe destacar: Nits d’Aielo i Art (Aielo de Malferit), Poéticas para unha Vida (Vigo), Cuerpo a Cuerpo (Las Palmas de Gran Canaria), Dispositiu de Campo Magnético (Barcelona) ou Contenedores X (Sevilla). É membro do colectivo valenciano de performance Sinberifora. Ultimamente o seu traballo está máis centrado na arte sonora, na acción sonora e na improvisación libre.