Félix Fernández                 

  •  

    O traballo de Félix Fernández céntrase na relación do individuo contemporáneo coa contorna que lle tocou vivir (tempo, espazo, corpo, identidade, realidade socioeconómica, paisaxe, medios de comunicación…) A súa mirada sempre subxectiva busca a complicidade e empatía do espectador, xa que en caso contrario o seu traballo non pode ser entendido.

    Formalmente inscribe os seus traballos nunha multiplicidade de formatos dando como lugar híbridos entre foto e performance, espectáculos audiovisuais, instalacións, videocreacions…

    O corpo é un elemento fundamental na súa obra, na que él aparece, dotando dun compoñente autobiográfico a algúns dos seus traballos, que combinado co poder simbólico de obxectos e situacións dan como resultado unha linguaxe que mestura realidade e ficción a partes iguais.

     

     

-->