Amaya González Reyes                 

  •  

     

    A acción proponse como un ensaio artístico a partir do concepto de tempo, as situacións que este xera e os diferentes ritmos. Controlalo, manipulalo, aproveitalo ou perdelo son só catro posibilidades de entre as múltiples accións que realizamos sen apenas reparar nel, mentres tanto, pasa.

    A linearidade e os desvíos desde a posición presente, a prensión persecutoria do instante anterior, a simultaneidade do momento, a concreción dos datos ou o sempre impredicible futuro son algúns dos aspectos ao redor dos que vira a proposta.

    Un intento sobre o uso do tempo dispoñible para facer algo, partindo do propio tempo dispoñible para facelo e o tempo no que se fai. Un intento absurdo e inútil.

     

     

     

-->