Actualmente traballo e vivo en Galicia onde realicei estudos en Belas Artes e un posgrao de Libro Ilustrado e Animación Audiovisual.
No meu traballo artístico conflúen diferentes disciplinas como ilustración de contos infantís, instalación, audiovisual ou performance, aínda que en todas estas materializacións a miña obra acaba tendendo, dunha ou outra maneira, cara ao debuxo.
Estas representacións comparten unha inquietude común: sinalar o Espectáculo do Cotián. Alén diso intento integrar, no diálogo artístico, os coñecementos que fun adquirindo durante á miña formación.
No meu imaxinario estético parto da Casa como escenario, enxalzando actividades cotiás, obxectos domésticos e recordos da infancia.