Belén Choren                 

  •  

    Como Eduardo Blanco Amor na su a obra A Esmorga, ao pasear polas rúas de Ourense, eu lanzo versos como camiños, polos ocos dos que xa están feitos.

    Versos como ríos, que nos dan lembranza, que nos identifican, que invaden as rúas como raíces dunha árbore aínda viva, como a auga do río que serpentea, como o sangue…

    A performance ten dous momentos fundamentais: o primeiro deles tradúcese na escritura de distintos versos de diferentes autores galegos en longas tiras de teas brancas como un lenzo puro antes de comezar a obra. No segundo, mentres os versos son recitados, as teas son molladas na fonte e enrrugadas nos ocos das pedras dos camiños.

     

     

-->