Ad-Hoc                 

  •  

    Ad hoc é un grupo de acción poética formado por Antonio Rivas, Roque Mosquera, Ramón Cruces, Pedro Lamas e Lois Gil Magariños. A nosa actividade baséase nas improvisacións poético-musicais e na incorporación de imaxes poético-visuais. Nacemos como grupo no ano 2005, data a partir da cal se han ir incorporando diferentes compoñentes á formación. Actualmente estamos centrados na actualización polipoética de textos de diferentes autores galegos, españois, suramericanos e europeos. A nosa ferramenta metodolóxica máis importante é a FILLOALDEA, unha convivencia creativa de fin de semana. Todas as sesións son gravadas en diferentes pistas que logo compartimos a través da rede para seleccionar, corrixir e procesar aquelas que resultan ao noso xuízo máis interesantes. O resultado edítase en forma de CD baixo licenza libre en web para reprodución e descarga. O noso medio de difusión é o blog http://adhocgz.blogspot.com.es

    En canto á acción que imos desenvolver en Ourense, trátase dunha obra titulada ACCIÓN BIOLENTA, dividida en dous actos. O primeiro, acción autorreferencial, titulado A POESÍA É ACCIÓN, está baseado nun texto poético do mesmo nome do libro A loita continúa, de Claudio Rodríguez Fer. O segundo acto, POEMA BIOLENTO, ten como elementos principais a utilización de micro textos combinados con música e un silencio final que dará lugar ao epílogo; un ágape simbólico aberto ao público.

     

-->