Belén Chorén                 


  • O meu contacto coa arte empeza tarde. En 2005 termino a Licenciatura en Ciencias Químicas e en 2007, con 27 anos, comezo unha pequena aventura matriculándome na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, estudos que abandono despois de tres anos. Con todo, é alí onde aprendo a amar a fotografía, disciplina que continúo practicando e en que me sigo formando cada vez que podo. Isto levoume a realizar algunha que outra exposición sen máis pretensións que as de expresarme. Outras prácticas menos clásicas como a performance e a escultura chaman tamén a miña atención.

    Todos os meus traballos gardan un fío condutor: a poesía. Algúns din que miro a través do meu obxectivo do mesmo xeito que escribo e que tras todos os meus traballos, está a obsesión do que sempre busca o belo da palabra a través de todas as súas formas.


-->