Karim Kharbaoui                 


  • Artista visual que se describe a si mesmo como un cidadán do mundo na procura perpetua da riqueza espiritual. Atópase preto de varias disciplinas como o vídeo-arte, a instalación, a performance e a arte urbana. Tamén é membro de grupos de artistas situados en Francia como Alma, United Suspected Artists ou Handka.

    As súas viaxes axudáronlle a potenciar o seu traballo como artista e a enriquecer un espectro de disciplinas que se achegan a prácticas que van desde a performance á caligrafía. Neste facer danse cita unha gran variedade de símbolos que utilizan, entre outros medios, coa xestualidade da escritura para transmitir emocións a través dunha técnica mixta cun marcado protagonismo da cor.

    Entre os seus proxectos individuais, destacamos os realizados en diversas institucións en España, Francia, Bélxica, Holanda, Alemaña, Italia, Serbia, Irán, Xapón e Grecia. Entre as súas exposicións en grupo cómpre lembrar as realizadas en varias cidades de Marrocos, Europa, Canadá, Irán e Palestina.



-->