Sabela Peinado Casal                 


  • Nacín en 1988 na Coruña. Con 5 anos emigrei coa miña irmá e a miña nai a Inglaterra, onde o meu pai nos agardaba desde había un ano mentres buscaba alí unha casa e un traballo para poder manter a súa familia. Mudámonos a Essex, nos arredores de Londres. Alí estudei en tres colexios distintos e mudámonos catro veces, pero o lugar que máis me marcou foi o último, Hornchurch, onde estiven case toda a miña infancia e onde practicamente me criei. Aos 11 anos volvemos a Galicia, onde tiven que volver aprender outro idioma e cursar de novo sexto curso de EXB.

    A obsesión pola música e a arte veume case de familia, xa que considero o meu pai un gran artista que me ensinou todo o que hoxe en día admiro. Tras facer o bacharelato artístico decidín marchar a Pontevedra e estudar Belas Artes; catro anos de esforzo, combinando traballo con estudos e tirando das bolsas ano a ano. Hoxe estou a preparar o proxecto de fin de carreira.


-->