Omar Saadoune                 


  • Omar Saadoune é un artista visual que vive no norte de Marrocos. A súa formación pasou pola Escola de Artes Plásticas de Tánxer e o Instituto Nacional de Belas Artes de Tetuán. Na actualidade combina a súa carreira artística co seu traballo como docente na Escola de Arte de Chefchaouen.

    A súa traxectoria artística reflicte a súa predilección polo vídeo-arte, a pintura, a performance e a instalación. O eixe da súa temática está centrado na defensa dos valores esenciais do ser humano. Así, nas súas últimas creacións, propón mensaxes de carácter político vinculadas ao seu contexto social. A súa obra púidose ver en países como Marrocos, España, Francia, Túnez, Canadá ou Siria, entre outros.



-->