No ano 2002 termina a súa formación no Lycée Technique Moulay Youssef en Tánxer. No ano 2007 obtén a súa graduación no Instituto Nacional de Belas Artes de Tetuán. Puido completar a súa formación grazas a bolsas e premios como Citei Internationale deas Art en París (Francia) ou D’Assilah en Marrocos.
Principais exposicións: exposición individual no espazo Lavomatique (2010, Saint-ouen, París, Francia); exposición colectiva na galería de arte Mohamed Drissi (2010, Tánxer); exposición de escultura ao aire libre en Cartier Rural, (2010, Tata, Marrocos); exposición colectiva en Zrirak (2007, Assilah, Marrocos); exposición colectiva na Embaixada de México (2006, Rabat); exposición colectiva na galería Assaida (2006, Chefchaouen); exposición colectiva na Casa da Cultura de Tetuán (2005).
Dentro da arte de acción, o seu traballo púidose ver en lugares como La Muga Caula (2010, Girona); Conexión Arte (2010, Sevilla); NeMe: In Transition (2008, Rusia); Passerelle Artistique (2006, Casablanca) ou Arts Vivant (2006, Casablanca), entre outros.