anananananan…                 


  • Vigo, 1969. hoxe martes, 27 de decembro de 2011, viva. diletante. alumna da Facultade de Belas Artes de Pontevedra desde o curso académico 2008/2009.

    os restos marcan…, o meu profundo agradecemento a Enrique Ablanedo. vivir e gozar o microcosmoshazelwoold. Grazas. Sempre levo un anaquiño no meu peto. restos de piano de Enrique Goberna. anaquiños de piano-mazá de Chang-Roock-Moon. un piano-fósil de Martín Millán. de Fernando López Pan, crime e castigo do clavecín. de Ignasi Jordà, o primeiro anaquiño de François Couperin. anaquiños de CLAVE, miniaturas de clavicordio, rigor e música, grazas a Siebe Henstra. algunha pincelada roubada de Pierre Hantaï. agasallos e ensinos da escola Psin-Pson do concello de Porto do Son. agasallos e aprendizaxe do microcosmos sotto voce.

    Algún día terei no meu peto anaquiños de Belas Artes (Pontevedra)… restos de afecto… outros… des autres… otros… outros! A acción ”MultiVerso: …e Kan-arte e mecerte do meu” é unha dedicatoria a todas as persoas que cren e constrúen un mundo mellor, mesmo anonimamente.

    ”MultiVerso” é agradecemento e alento.


-->