Berio Molina                 


  • Naceu na Fonsagrada, Lugo. É un artista e programador centrado na arte dixital e interactiva, arte sonora e arte de acción. Desde 1999 ata 2004 foi membro do colectivo de performances Flexo (www.berio.alg-a.org/Flexo) e coorganizador do Festival IFI nos anos 2002, 2003 e 2004. Actualmente forma parte do colectivo sobre as paisaxes sonoras e a auralidade aumentada Escoitar.org (www.escoitar.org) da comunidade de arte e acción libre Alg-a (www.alg-a.org) e do colectivo de expresión escénica Intemperie. É co-administrador, xunto a Isaac Cordal, do Netlabel Alg-a (www.alg-label.com), selo de publicación na rede de traballos audio-experimentais.

    No ano 2011 funda Pumpun (www.pumpun.com) xunto a Chiu Longina, empresa dedicada ao desenvolvemento de proxectos multimedia.

    É licenciado na Facultade de Belas Artes de Pontevedra da Universidade de Vigo, na especialidade de Escultura. Na Universitat Pompeu Fabra de Barcelona cursou un Mestrado en Artes Dixitais e no Rochester Institute of Technology de Nova York (RIT) completou un mestrado en Computer Graphics Design grazas a unha bolsa concedida pola Fundación Barrié de la Maza no ano 2007.


-->