Ana Mazoy
-
Ana Mazoy.
DIALÉCTICA é o nome da acción ideada pola artista lucense Ana Mazoy, que fiel ao seu selo válese do epígrafe para tutelar e/ou motivar ao público interesado no proxecto Chámalle X 2013.
Metaforicamente falando consiste en elaborar un diálogo armazón entre distintos corpos, nesta ocasión representados polas súas vestimentas previamente esfiañadas.
Metamorfoseándose en Aracne creará analoxicamente unha gran membrana que funcionará como reflexo conceptual. Durante a súa intervención convídase a participar coas achegas conseguidas a través das actuacións lúdicas, realizadas co tradicional xogo de fío, onde o diálogo establécese a través das mans. Outro modo de impulsar a proposta, consiste en deixar o pensamento irradiado nas zonas da rede destinadas a tal fin (espellos).
Ana Mazoy, ademais de remitir ás posibles significacións da palabra, tamén rememora interpretacións emblemáticas sobre o tema, como é o caso de A Dialéctica de Veronés, ou Las Hilanderas de Velázquez.
Coa suma de todos avivaremos a acción.
Comments are closed.