Posts from the ‘Portada’ Category

  • 2_Ana_Mazoy

    Ana Mazoy

    Setembro 4th, 2013 | Portada | admin | Comentarios desactivados

    Ana Mazoy. DIALÉCTICA é o nome da acción ideada pola artista lucense Ana Mazoy, que fiel ao seu selo válese do epígrafe para tutelar e/ou motivar ao público interesado no proxecto Chámalle X 2013. Metaforicamente falando consiste en elaborar un diálogo armazón entre distintos corpos, nesta ocasión representados polas súas vestimentas previamente esfiañadas. Metamorfoseándose en [...]

    Read More

  • 1_Marticorena

    María Marticorena

    Setembro 4th, 2013 | Portada | admin | Comentarios desactivados

    María Marticorena. Desde hai dez anos traballo coa arte de acción converténdose esta disciplina no eixo da miña traxectoria artística. Elexin a performance porque é un medio de expresión vivo que me completa, compromete e involucra cento por cento a miña obra co espectador. Cada performance é unha fase da miña vida desvelada como arte [...]

    Read More

  • 1_Felix_Fernandez

    Félix Fernández

    Setembro 4th, 2013 | Portada | admin | Comentarios desactivados

    Félix Fernández. O traballo de Félix Fernández céntrase na relación do individuo contemporáneo coa contorna que lle tocou vivir (tempo, espazo, corpo, identidade, realidade socioeconómica, paisaxe, medios de comunicación…) A súa mirada sempre subxectiva busca a complicidade e empatía do espectador, xa que en caso contrario o seu traballo non pode ser entendido. Formalmente inscribe [...]

    Read More

  • 2_Amaya

    Amaya González Reyes

    Setembro 4th, 2013 | Portada | admin | Comentarios desactivados

    Amaya González Reyes. A acción proponse como un ensaio artístico a partir do concepto de tempo, as situacións que este xera e os diferentes ritmos. Controlalo, manipulalo, aproveitalo ou perdelo son só catro posibilidades de entre as múltiples accións que realizamos sen apenas reparar nel, mentres tanto, pasa. A linearidade e os desvíos desde a [...]

    Read More

  • 1_Alba

    Alba Blanco Boga

    Setembro 4th, 2013 | Portada | admin | Comentarios desactivados

    Alba Blanco Boga. Actualmente traballo e vivo en Galicia onde realicei estudos en Belas Artes e un posgrao de Libro Ilustrado e Animación Audiovisual. No meu traballo artístico conflúen diferentes disciplinas como ilustración de contos infantís, instalación, audiovisual ou performance, aínda que en todas estas materializacións a miña obra acaba tendendo, dunha ou outra maneira, [...]

    Read More

  • 1_Foto_David

    David Crespo

    Setembro 4th, 2013 | Portada | admin | Comentarios desactivados

    David Crespo. Existen múltiples accións e normas que nos envolven cando interactuamos coa nosa propia contorna. De todas elas, moitas non as cuestionamos, facémolas e seguímolas segundo marcan os ditados. Baixo a idea do doméstico e tomando como referencia situacións normalizadas, xero accións que pretenden interromper a realidade, intervíndoa de maneira ambigua e abrindo unha [...]

    Read More

  • 2_Belen

    Belén Choren

    Setembro 4th, 2013 | Portada | admin | Comentarios desactivados

    Belén Choren. Como Eduardo Blanco Amor na su a obra A Esmorga, ao pasear polas rúas de Ourense, eu lanzo versos como camiños, polos ocos dos que xa están feitos. Versos como ríos, que nos dan lembranza, que nos identifican, que invaden as rúas como raíces dunha árbore aínda viva, como a auga do río [...]

    Read More

  • 2_Ana_Gesto

    Ana Gesto

    Setembro 4th, 2013 | Portada | admin | Comentarios desactivados

    Ana Gesto. Ana Gesto se autodefine como performer e artista visual. Artista poliédrica que deseñou ao longo da súa traxectoria profesional un universo simbólico de obxectos trasmutados que flutúan entre estética, materia, son e emoción. Aínda que a súa produción artística atópase a medio camiño entre a performance, o vídeo-creación e a fotografía, a súa [...]

    Read More

  • 1_Ad_Hoc

    Ad-Hoc

    Setembro 4th, 2013 | Portada | admin | Comentarios desactivados

    Ad Hoc. Ad Hoc é un grupo de acción poética formado por Antonio Rivas, Roque Mosquera, Ramón Cruces, Pedro Lamas e Lois Gil Magariños. A nosa actividade baséase nas improvisacións poético-musicais e na incorporación de imaxes poético-visuais. Nacemos como grupo no ano 2005, data a partir da cal se han ir incorporando diferentes compoñentes á [...]

    Read More

-->